lunes, 8 de septiembre de 2014

A ilustradora Noemí López impartirá un obradoiro na Biblioteca de Chapela

A coñecida ilustradora Noemí López visitará a biblioteca de Chapela o vindeiro xoves 25 deste mes. O motivo da visita será o obradoiro de ilustración "Contando con imaxes", co que achegará a linguaxe da ilustración e mais da literatura infantil e xuvenil a rapaces/-as da nosa biblioteca.

Seguro que todos coñecedes a Noemí López, porque teredes atopado as súas ilustracións en máis dun conto ou libro dos que lerades últimamente. Pero, para os máis despistados, achegámosvos o seu blog O gato de mil patas, no que poderedes ver algunhas das súas coñecidas creacións. Moitos dos seus libros están á vosa disposición nas nosas bibliotecas.

LEMBRAMOS:
  • A actividade terá lugar o xoves 25 ás 18:30 h.
  • Aínda que é de balde, participar nela precisa inscrición previa, porque as prazas son limitadas. 

Os requisitos para participar son:   
- Estar dentro do grupo de idade sinalado: de 6 anos en diante.
- Ser socio das Bibliotecas Municipais de Redondela.


As opcións para inscribirse: 
(achegar nome e número de socio da biblioteca do interesado)
- Acudir á Biblioteca de Chapela.   
- Por teléfono, no número da biblioteca de Chapela: 986-454-226.  
- Por correo electrónico, no enderezo: bibliotecachapela@redondela.es

Os participantes achegarán material de debuxo para participar na actividade.


O obradoiro terá lugar grazas ao programa Ler conta moito, coordenado pola Rede de Bibliotecas de Galicia (Xunta de Galicia).

Publicar un comentario