lunes, 20 de octubre de 2014

Campaña de intercambio de libros por alimentos próximamente nas bibliotecas de Redondela

O vindeiro Venres 24 de Outubro, Día da Biblioteca, arrancará nas bibliotecas de Redondela unha campaña coa que as bibliotecas buscaremos recoller alimentos e produtos de primeira necesidade (produtos de hixiene, produtos de coidado infantil) a cambio de libros. 


A campaña parte das Bibliotecas municipais de Redondela e mais da biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela, pero a ela xa se teñen adherido moitas bibliotecas dos centros de ensino do noso Concello.
Próximamente vos diremos cales.

Todos os bens recollidos na campaña serán entregados a Cáritas para a súa distribución entre as familias necesitadas da contorna.

Na vindeira semana, vos contaremos máis sobre esta actividade, facendo un chamamento para que todos vos acheguedes a estas bibliotecas para achegar doazóns aos nosos puntos de intercambio.

Publicar un comentario