viernes, 10 de octubre de 2014

Contacontos con Raquel Queizás na Biblioteca de Chapela

Estamos moi ledos na Biblioteca de Chapela!

O 24 de Outubro, Día das Bibliotecas teremos na nosa axencia de lectura unha actividade do máis especial. A xenial contadora Raquel Queizás estará con todos nós para achegarnos as máxicas e exóticas historias de A Orixe
.

Raquel Queizás é unha contadora excepcional. O pasado ano a coñecemos con outro dos seus espectáculos de contos, e nos gustou tanto que fixemos o posible por poder contar con ela para este mes de Outubro; e nada mellor que tela no noso día de festa das bibliotecas.

Con A Orixe, Raquel Queizás nos achegará historias basadas en lendas e mitos de diferentes pobos indíxenas.



Algunhas suxerencias lectoras relacionadas co contacontos

Agardámosvos o Venres 24 de Outubro, ás 18:30 h.

A actividade está dirixida para rapaces e rapazas a partir de 5 anos
A entrada é libre, ata completar aforamento.

A actividade terá lugar grazas ao programa Ler conta moito, promovido pola Rede de Bibliotecas de Galicia (Xunta de Galicia).


No hay comentarios: