jueves, 16 de octubre de 2014

E comezamos o novo club infantil de lectura!



Este mércores demos comezo na Biblioteca de Chapela a un novo club infantil de lectura. Novas caras, novos rapaces e rapazas que se apuntaron para esta aventura: Xabi, Xosé, Laura, Rocío, Adriana, Lucía L., Noelia, Nerea, Dora, Hugo, Mara, Gala, Isla, Lucía P. e Lúa, dispostos a ler moitos libros e a compartir as súas impresións nas xuntanzas mensuais que terán lugar de aquí a finais de curso.

 Coma sempre, Leo fixo pasar a estes rapaces un rato moi divertido contándolles contos e facendo diferentes xogos. Ata houbo sorpresas máxicas!
O libro que van ler nesta quenda lles será entregado estes días. O título é: "Ai, que medo", de Ricardo Alcántara.

A vindeira xuntanza será o Mércores 12 de Novembro, ás 18:30 h.
Publicar un comentario