jueves, 9 de octubre de 2014

Moi pronto...Galicia Le

Onte, todo o personal das bibliotecas de Redondela nos desprazamos ata a Biblioteca de Galicia para a presentación da plataforma para o préstamo de libro electrónico, Galicia Le, que os responsables da Rede de Bibliotecas de Galicia nos fixeron aos profesionais das bibliotecas da nosa comunidade. 
Ao rematar, coñecimos as instalacións e o traballo que está a facer a Biblioteca de Galicia, acompañados por Elena Díaz, traballadora da mesma, que nos fixo unha visita guiada moi interesante.

No hay comentarios: