A poboación de Giverny na Alta Normandía, o amor polos seus xardíns, tan influentes no impresionismo, o artista, o home, divertido e sentimental,...todo isto e máis estivo presente na primeira sesión do Club de arte que se inaugurou o pasado venres en torno á figura de Claude Monet e ao libro Conversaciones en Giverny.
Telmo Crespo achegou, con paixón e amenidade, os principios artísticos do pintor e a súa concepción sobre o que debía de ser a arte e como debería de traballar un verdadeiro artista. Un ambiente próximo e amigable dende o primeiro momento, como de coñecerse dende toda a vida... e é que o amor á arte crea lazos.

Ao final como homenaxe a ese amor á natureza de Monet, un delicado regalo para os participantes: un bulbo de xacinto, como semente para recuperar no entorno de cada un de nós a presenza impagable da natureza
No hay comentarios:
Publicar un comentario