viernes, 19 de diciembre de 2014

O Nadal se adianta nos clubs de lectura de Chapela

Como adoita suceder en Decembro, as comidas, ceas e merendas de Nadal se suceden cos nosos grupos de coñecidos e amigos; xuntanzas que nos serven para retomar vellas relacións ou para reforzar as novas, e que son motivo de moita alegría. E como non podía ser doutro xeito, os clubs de lectura tamén lle fixeron un guiño ao Nadal nas súas xuntanzas de Decembro.


O club de lectura de adultos da biblioteca de Chapela festexou a chegada do Nadal comentando o libro "El estandarte", de Alexander Lernet-Holenia, interesante narración situada na Primeira Guerra Mundial, e tema de actualidade durante este ano 2014 por cumplirse o centenario do seu comezo.
Festexamos a actividade tamén cun brinde e cuns deliciosos acompañamentos que aportaron todos os membros do club. Dámoslle todos as grazas de xeito especial a Noelia polos deliciosos e ben presentados doces que nos achegou nesta tarde.

 Agradecemos á nosa chefa Noelia, por elaborar tan ricos postres
 
Un brinde!
O club infantil de lectura fixo a súa festa cunha xuntanza á que estiveron convidados os pais e familiares dos rapaces, e trala lectura do libro "Tres niños y una estrella", de Luise Rinser
Na xuntanza, pais e fillos compuxeron xuntos unhas fermosas estrelas de Nadal, e remataron gozando xuntos dunha deliciosa merenda.
 

 Facendo estrelas de Nadal

E gozando dunha rica merenda. Ñam!

No hay comentarios: