domingo, 15 de marzo de 2015

Os Misterios de Carlos Vila Sexto

"Foi entre as 19:00 e as 19.20 h.,  só o persoal da biblioteca e o coordinador dos clubs de lectura puideron acceder ao corredor pero as súas coartadas eliminábaos como posibles sospeitosos.... 
como puido ser?

Escena do crime
Acordoada a zona, necesitábase a un experto investigador, a alguén co "olfato" máis fino e agudo posible, necesitábase a Laura Lebrel!, investigadora astuta onde as haxa
"Laura" tomando notas e reflexionando acerca de distintas pistas
Chegado o momento, Laura tivo que colgar a súa famosa gabardina e bolso para atender a un grande amigo ao que debe a súa vida...


Aproveitando a súa presenza e sabéndolle coñecedor das interioridades do misterio e dos crimes, fíxoo partícipe das dúbidas que lle ocasionaba o incidente  e deixou nas súas mans a resolución do mesmo.

Carlos,  baixo a aparencia dunha agradable e interesantísima reunión cos clubs de lectura, dedicouse a observar aos posibles implicados no feito, mentres debullaba e desentrañaba o proceso de creación da novela e da serie... 
A que hora chegaran á sala infantil realmente cada un dos compoñentes do club?!...
...mentres Jerónimo, coordinador dos clubs de lectura, procedía a proxectar unha semblanza da carreira do autor, coas luces apagadas, o culpable... desfíxose das probas que o podían incriminar?!
...ou acaso nos doces, tan primorosamente presentados, se escondía algunha mestura letal inxerida pola vítima ao non ter podido resistir a avidez e tomar eses ovos de gaivota e os "caqueis" de Claudio,  antes de que fosen depositados nas dependencias da sala infantil?!
Como case sempre, a resposta está nos libros:

E, agora,  direivos:
Si, SON EU,  o que está a describirvos estes feitos, o asasino!
Pero como non penso desvelarvos a miña identidade, quedaredes co suspense para sempre....

Só afirmar unha cousa: que todos os presentes desfrutaron, desfrutamos, tanto, que quedamos con ganas de máis e, Carlos Vila,  soamente queremos dicirlle unha cousa: moitas grazas por uns momentos inesquecibles, pola túa cercanía e amabilidade e,  co desexo de poder reunirnos de novo, ata sempre!!!

 
Engadimos aquí o agradecemento a Carlos Vila por cedernos xenerosamente a "biblia" dos Misterios de Laura e mais tres dos guións da serie, para consultar entre os membros dos clubs. Moi interesante poder ver unha serie tan "dende dentro", non sí?
Portada da "biblia" da serie

No hay comentarios: