martes, 24 de marzo de 2015

"Triquetraque Traquetriqui" próximo contacontos para bebés na Biblioteca de Chapela


O vindeiro mes de Abril estamos de noraboa na Biblioteca de Chapela. Neste mes festexaremos o noso X Aniversario, e contaremos con actividades e convidados excepcionais.
Unha delas será Charo Pita, que lles achegará aos cativos de 0 a 3 aniños: "Palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, son sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un trocatriqui), para que na biblioteca os que dormen no berce tamén poidan gozar coas historias no colo daqueles que ben os queren".
Será o Mércores 8 de Abril, ás 18:00 h.

É preciso inscribirse previamente na biblioteca, xa que as prazas son limitadas. Cada cativo asistirá acompañado dun adulto. 

As inscricións poden facerse: 
- Na biblioteca: de luns a venres, de 16:30 a 21:00 h.     
- Por teléfono: 986-454-226, no mesmo horario.     
- Por correo-electrónico: bibliotecachapela@redondela.es


A actividade realízase co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: