Desde o Grupo de Investigación de Inmunoloxía da Universidade de
Vigo, dirixido pola Dra. África González, Directora do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade Vigo e en colaboración coa Sociedad Española de Inmunología (SEI), o proxecto institucional europeo BIOCAPS e a Fundación Dr. Antonio Esteve, están a organizar unha serie
de actividades de difusión en torno á Inmunoloxía, cos centros
educativos e coas Bibliotecas Municipais de Galicia. A Sociedad Española
de Inmunología (SEI) distribúe algúns
exemplares do libro "Los misterios del sistema inmunitario. Cómo
protege nuestro cuerpo", que nace en 2008 cunha linguaxe divulgativa da
man da Sociedade Xaponesa de Inmunoloxía co obxectivo de axudar ós
rapaces novos de 10 a 14 años a entender mellor o funcionamento do
sistema inmunitario.
Tras
comprobar o valor educativo desta iniciativa, no ano 2009 foi editada en
inglés, Your amazing immune system. En español foi presentada
oficialmente o pasado 26 de abril de 2014 dentro dos actos do Día da
Inmunoloxía en Madrid e a revisión foi realizada pola Dra África
González, Dolores Jaraquemada, José Antonio Brieva y Margarita del Val,
da Sociedad Española de Inmunología.
Xa tedes a vosa disposición
nas nosas bibliotecas este interesantísimo libro e damos as grazas dende
aquí á Sociedade Española de Inmunoloxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario