Xa está a piques de comezar a nova actividade da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela baixo o lema “Ata o infindo e máis aló”, que recolle dúas propostas que xiran arredor do universo e os elementos: unha sesión de “Libro-Fórum” na que se traballará unha coidada selección de textos feita polo coordinador dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas municipais, e que se desenvolverá no edificio Multiusos da Xunqueira o venres 8 de maio ás 20:30 horas; e unha visita guiada , por membros da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, ao Observatorio Astronómico de Cotobade, que terá lugar o sábado 9 de maio, con saídas desde Redondela e Chapela ás 20:30 horas.
Ámbalas dúas actividades serán gratuítas e as súas prazas limitadas. As persoas interesadas poderanse inscribir, ata o día 1 de maio, a través do correo electrónico amigosbibliotecasredondela@gmail.com ou no número de teléfono 647 688 067.
A inscrición a cada unha das actividades é independente, é dicir, é posíbel apuntarse a só unha delas ou ás dúas; e poderanse sumar á visita ao observatorio cativos e cativas, maiores de 12 anos, acompañados dun adulto responsábel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario