Como xa sabedes, este venres festexamos o 10º Aniversario da Biblioteca de Chapela cun grande festival, que tivo lugar durante toda a tarde no Multiusos do Piñeiral do Crego.
Estabamos nerviosos pero tamén moi emocionados por levar a cabo un evento tan extraordinario, mais finalmente as nosas espectativas se viron satisfeitas cunha festa na que gozamos moito.
Mª Xesús Queimaliños, directora de Radio Redondela, actuou como mestra de cerimonias para presentar o evento. Cumprindo xenerosamente co seu papel, non esqueceu felicitar ás bibliotecas e tamén trasladar os agradecementos destas aos axentes e colectivos que lles axudan día día no seu traballo.
- Comezamos a sesión infantil e familiar con títeres. Nunha homenaxe titiriteira a Andersen e, tamén, unha ocasión para gozar, rir e imaxinar, grazas a Tarabelos e "O traxe novo do rei".
Tarabelos estivo connosco esta tarde grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
- A continuación, cinema galego para cativos, con dúas curtas cinematográficas, adaptacións de coñecidos contos infantiles:
A pota que trota e mais El tragaldabas
Ambas realizadas dentro do proxecto "Contos no camiño", da editora Oqo, quenes xenerosamente nos permitiron a súa exhibición neste festival.
- Despois destas primeiras funcións, os nervios de todos se puxeron a flor de pel, pois chegaba o momento de entregar os premios do noso concurso de debuxo.
O tema do concurso, como xa sabedes, era "A túa biblioteca imaxinada". Recibimos 53 debuxos de nenos e nenas nas dúas bibliotecas. Ademáis, fóra de concurso, recibimos máis de 130 debuxos por parte do CEIP Laredo de Chapela, a través da súa biblioteca escolar. Todos eles se expoñerán no Multiusos de Chapela na vindeira semana.
Neste vídeo podedes ver as propostas participantes:
O xurado dos premios, composto polos membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, tivo que deliberar durante moito tempo para escoller os debuxos gañadores.
Podedes ver aquí os nomes dos nenos e nenas galardoados cos premios:
CATEGORÍA 4-6 ANOS
- 1º PREMIO - Adriana
Calvo Aparicio
- 2º PREMIO - Mara Castro Villar- 3º PREMIO - Jessica García Fernández
CATEGORÍA 7-9 ANOS
- 1º PREMIO - Yaiza Arjones Rodríguez
- 2º PREMIO - Xiana García Álvarez
- 3º PREMIO - David Iglesias Rodríguez
CATEGORÍA 10-12 ANOS
- 1º PREMIO - Sira Ricoy Cid
- 2º PREMIO - Noelia Lago Carpintero
- 3º PREMIO - Ismael Álvarez Mouriño
Todos os premiados |
Neste outro vídeo podedes ver os debuxos gañadores:
Damos as grazas a Marta RV por realizar os vídeos dos debuxos do concurso.
*A nova dos premiados en Atlántico Diario e mais en Faro de Vigo.
- Continuamos, despois dun descanso, coa sesión para adultos, sección musical por excelencia e na que contamos con diferentes participantes e estilos moi diversos, entre os que tamén houbo achegas á literatura.
A Coral O Piñeiral , dirixida por Alberto Abal García e acompañada por Cristian Docampo ao piano, cantou versións musicadas de poemas de Curros Enríquez, e tamén nos fixo un agasallo, fóra de programa, coa "Canción de la amistad". Moitas grazas!
A Banda de Música de Chapela estreou dúas pezas no seu repertorio: "Rapunzel" e mais "As viaxes de Gulliver", ambas relacionadas coa literatura e obra do compositor belga Bert Appermont. Nun xogo literario-musical proposto polo seu novo director, Andrés Álvarez Hernández, as dúas pezas foron acompañadas pola narración das pasaxes musicadas. A responsable da Biblioteca de Chapela, Mª José Villar, ocupouse desta narración.
Despois foi tempo para deleitarnos coa canción lírica, grazas á presencia de tres cantantes magníficas, acompañadas, nada menos que por Alberto Vilas ao piano.
As intérpretes son alumnas avanzadas do Conservatorio de Música de Pontevedra, e as súas interpretacións nos encheron de emoción:
Alberto Vilas, xunto con Silvia González Peón, Conchi Rodríguez Fariña e Josefa Dorado Soto, ao rematar a actuación
A "bomba" final reservábase para rock "cañeiro". Los Desconocidos, grupo de Chapela formado polo pai e fillos Miguel, Brais e mais Anxo Jorge, despedían a nosa festa bibliotecaria.
Ben é certo que os nervios do directo e as dificultades técnicas resultaron en que a banda se fixera esperar, pero a agarda foi plenamente compensada por unha actuación entusiasta, onde nos fixeron vibrar con temas propios e mais con fermosas versións de Los Enemigos, Rosendo, Leño, Medina Azahara, Triana ou, como non, Los Suaves.
Felicitamos por toda esta longa e intensa celebración a Elena Becerra, Cote Reboredo e Mª José Villar, os nosos bibliotecarios municipais.
Ben é certo que os nervios do directo e as dificultades técnicas resultaron en que a banda se fixera esperar, pero a agarda foi plenamente compensada por unha actuación entusiasta, onde nos fixeron vibrar con temas propios e mais con fermosas versións de Los Enemigos, Rosendo, Leño, Medina Azahara, Triana ou, como non, Los Suaves.
Felicitamos por toda esta longa e intensa celebración a Elena Becerra, Cote Reboredo e Mª José Villar, os nosos bibliotecarios municipais.
Pero unha actividade así só pode ir ben se moitos se implican e cren nela. Dende aquí queremos agradecer a Miguel Martínez, o responsable do Multiusos de Chapela todo o seu traballo e o seu apoio, aos membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, especialmente a Marta, Mercedes, Roberto, pero tamén a Loli, María, Tini, Rosa... pola súa axuda, adicación e coidado de moitos dos detalles.
*Velaquí podedes ver a súa crónica da celebración do noso festival.
*Velaquí podedes ver a súa crónica da celebración do noso festival.
Tamén, como non, a Mª Xesús Queimaliños, e mais a todos os participantes: Coral O Piñeiral, Banda de Música de Chapela, Alberto Vilas e o Conservatorio de Música de Pontevedra, e a Los Desconocidos, que puxeron moito cariño, adicación e empeño, e coidaron de axudar e facilitar todo o posible á organización do mesmo. E tamén aos medios de comunicación, que nos axudaron a difundilo.
E, por suposto, agradecemos a todos os asistentes que vos achegáchedes ese día: a corporación municipal do Concello, aos representantes do Grupo Socialista, a Alexia Dotras, Leo Leíño, bibliotecarios escolares de Redondela, UDP, ASEARPO, a Asociación de Veciños de Chapela, a Asociación Cultural e Social de Chapela... e moitos moitos máis lectores, usuarios e veciños, que nos fixestes compañía e achegastes o voso cariño.
Mª José e mais Elena con Alexia Dotras. Que ledicia contar con ela neste día! |
Con algunhas das compoñentes da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela |
Por último, vos amosamos aquí un VÍDEO RESUMO DO FESTIVAL, cortesía de Roberto Solano, ao que lle damos as grazas. Gardaremos o vídeo como grato recordo deste día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario