jueves, 23 de abril de 2015

O club infantil de lectura festexa o Día do Libro... falando de libros

O fermoso, tenro e divertidísimo libro "C. El pequeño libro que aún no tenía nombre" foi a lectura coa que festexamos a data máis querida para todo o club.

O libro, do autor José Antonio Millán, non é só unha historia divertida e motivadora, senon unha ocasión para coñecer moito vocabulario sobre libros e librerías e sobre o mundo editorial. Sobre todo esto traballaron onte os rapaces, acompañados, como sempre, por Leo Leíño.

Ademáis, houbo moitas propostas lectoras para os na sala, onde os libros e as bibliotecas foron os protagonistas. Algunhas delas foron levadas polos pequenos lectores para a casa.

Pero esta xuntanza foi un pouco especial, xa que, ademáis de falar do libro, festexamos a inauguración da nosa Porta do Rato Pérez cos rapaces do club, procedendo a unha solemne cerimonia onde cortamos a cinta e ata lle cantamos unha canción!

 
Ao rematar, fixémonos unha foto coa cartela do X Aniversario da Biblioteca de Chapela, que nos quedará para recordar dentro de outros dez anos, e ata gozamos dunha pequena e deliciosa merenda de festa.

Ata a próxima, e feliz Día do Libro!

No hay comentarios: