miércoles, 15 de abril de 2015

Obradoiro do Rato Pérez

A Biblioteca Municipal e a Fundación Filomena Rivero Alonso queremos render unha homenaxe ao escritor jerezano Luis Coloma con motivo do centenario da súa morte, en este mes no que conmemoramos o Día do Libro e do Libro Infantil.

Co obxectivo de recordar a figura do autor de, entre outros títulos, o conto infantil de "El Ratón Pérez", organizamos un obradoiro para nenos de 5 e 6 anos no que realizarán o seu propio Ratiño Pérez durmindo na súa coqueta cama.


A actividade terá lugar o martes 21 de abril ás 18.00 h. na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela e estará dirixida por Elisabeth Hillerud.
Ao remate da actividade inaguraremos a "Porta do Ratiño Pérez" no corredor que conduce á Sala infantil. Na Axencia de Lectura Municipal de Chapela a inaguración terá lugar na tarde do día 22.
PRAZAS LIMITADAS. INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL (Tfno. 986401561)
Queremos agradecer dun xeito especial á "Casita Museo de Ratón Pérez" a súa colaboración e apoio entusiasta no desenvolvemento desta conmemoración.
http://www.casamuseoratonperez.es/index1.html

No hay comentarios: