jueves, 23 de abril de 2015

Todo por un Rato


O rato Pérez está moi contento. Así nolo dixo esta pasada noite despois dunha tarde completa dedicada a el.

Este ano cúmprense 100 anos do falecemento de Luis Coloma, un grande amigo do Rato que puxo por escrito, nun conto, a súa historia. Por iso Pérez emocionouse moito cando soubo que as bibliotecas de Redondela e a Fundación Filomena Rivero querían facerlle unha homenaxe a el e ao seu amigo.

Un grupo de rapaces realizaron unhas figuras moi bonitas e simpáticas da man de Elisabeth Hillerud para ter sempre presente ao seu grande amigo. Xunto a eles, como non podía ser doutro modo, uns libros protagonizados polo roedor, algún deles, por certo preciosos, enviados pola Casa Museo de Ratón Pérez xunto cunha efixie e uns dípticos que nos contan a súa historia.



No corredor, tamén doados pola Casa museo, dous belos carteis con Pérez e a súa familia ao completo, presidiron a cerimonia de inauguración da súa porta, que, tras o seu visto e prace, realizaron os capinteros do concello. Moitas grazas de parte de Pérez para eles.


A lectura dun breve fragmento antes de cortar a fita, foron os dous últimos actos, xunto coa foto de grupo, cos que se pechou esta xornada. 

Aviso: xa nos gustaría! Pero ninguén pode pasar por esa pequena porta e non é so cuestión de tamaño senón que o rato Pérez ten a máxia exclusiva para cruzala. Que lle imos facer!


Pola súa banda, na Biblioteca de Chapela, os rapaces do club infantil de lectura, capitaneados por Leo Leíño, procederon a realizar o acto solemne da inauguración da Porta do Rato Pérez.
Despois de cortar a cinta, ata lle cantaron unha canción!
Moitas grazas dende este post á Fundación Filomena Rivero Alonso e a Casa Museo de Ratón Pérez!

No hay comentarios: