sábado, 16 de mayo de 2015

A cidade monstruosa (1) a festa dos monstruos na Biblioteca de Chapela

Neste venres gozamos da primeira das sesións do programa de contos e xogos "A cidade monstruosa", desenvolvida por Os Miúdos grupo formado por alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela.



Comezamos cun conto de certo misterio: "Debajo de la cama", un tema coñecido para os nosos pequechos: a protagonista da historia descobre que debaixo da súa cama viven uns monstruos moi particulares. Eles se convertirán nos seus mellores amigos, e polas noites, durante o sono, viaxará con eles a lugares máxicos e marabillosos.

Despois do conto, os rapaces puderon gozar da gran feira dos monstruos, con moitas actividades: globoflexia, maquillaxe e atraccións de feira para ser bos monstruos.

As nosas amigas María e mais Ada quedaron así de guapas coa súa maquillaxe monstruosa. Begoña, pola contra, preferiu maquillar ao seu maquillador
 

Os máis pequenos se entusiasmaron co xogo de lanzar bólas


Nunha feira como esta, non poden faltar os globos

E para rematar, pais e nenos se divertiron cun baile

Grazas a Os Miúdos por esta tarde tan divertida. Vémonos para o vindeiro venres!

No hay comentarios: