martes, 5 de mayo de 2015

"A cidade monstruosa": máis actividades para cativos na Biblioteca de Chapela

Estamos moi ilusionados! Neste mes de Maio a Biblioteca de Chapela vai ofrecer moitas actividades para os máis cativos, e todo grazas ao alumnado do CS de Educación Infantil do IES Chapela, que leva traballando arreo durante todo este curso, e que agora locerá todo o seu aprendizaxe coa rapazada da biblioteca.

Se os martes deste mes (12, 19 e 26 de Maio) gozaremos da actividade Trouleando cos contos, os venres (15 e 22 de Maio) tamén o pasaremos ben con contos e actividades. E é que co grupo Os Miúdos, visitaremos A Cidade Monstruosa, onde coñeceremos a moitos monstros e aprenderemos cousas sobre seguridade vial e urbanidade.

Será os venres 15 e mais 22 de Maio, ás 17:30 h.
A actividade está orientada a cativos e cativas de 3 a 6 anos aproximadamente.
Como son prazas limitadas, deberedes inscribir aos cativos na Biblioteca de Chapela.

Cada sesión é diferente, de xeito que os rapaces que queran se poden anotar para todas e cada unha das datas.


Publicar un comentario