martes, 19 de mayo de 2015

Trouleando cos contos (2), na Biblioteca de Chapela


Nesta semana, o alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela volveu troulear cos contos. Despois dunha primeira xornada divertida, o pasado martes, nesta, actores e público viñan con máis gañas, e a xuntanza de uns e outros deu como resultado unha tarde de moita diversión.

Os nosos animadores da tarde representaron dous contos:
- A casa das campaíñas moradas
- O espantallo

E fixeron moitos xogos con eles. 
Lembrades aquel "Pase Misi", de tempos tan antigos? Pois os cativos xogaron a el esta tarde. Tamén elaboraron o seu propio espantallo, e xogaron a moitos xogos. O pasamos tan ben que a tarde se nos fixo curta.

A vindeira sesión será o Martes 26 de Maio. As persoas interesadas deberán anotarse na biblioteca.

No hay comentarios: