lunes, 29 de junio de 2015

Cena peche dos clubs de lectura no Centro Cultural Chan das Pipas

En Saxamonde, o pasado 19 de Xuño, os membros dos nosos clubs de lectura de Chapela e mais de Redondela xuntáronse para despedir o curso cunha apetitosa cea, na que non faltaron as recomendacións literarias e a lectura.

Jerónimo, o noso queridísimo coordinador dos clubs, foi agasallado cun fermoso álbum poético de Helena Villar Janeiro Remontar o río, cheo de dedicatorias dos participantes dos clubs. 

Aproveitamos para ler algúns dos poemas desta beleza de libro, pero tamén outras propostas, que nos achegou David, como un poema de Emily Dickinson ou un fragmento do "Elogio a la lentitud" de Honoré Carl.


Neste ano o club se achegou a diferentes propostas lectoras, libros dos máis variados estilos, épocas e autores, en galego algúns e outros en castelán, cercanos e lonxanos no tempo, dende a novela ata o teatro, dende o humor e o absurdo ata o drama máis arrepiante, dende a pándega e a liorta alcohólica ata a contención e a sobriedade. Queredes saber cales son estes libros? Ademáis de velos na imaxe de abaixo, podedes consultar algo máis no blog dos clubs de lectura.

Libros do club de lectura neste curso 2014-2015

 E, porque non queremos quedar todo o verán sen lecturas, temos dúas propostas estivais:
Bo traballo, amigos dos clubs de lectura! Agardamos que este verán nos refresquedes tamén cos vosos comentarios literarios...

---firma---

No hay comentarios: