O pasado mércores, os nosos amigos do club infantil de lectura festexaron a chegada do verán cunha merendola.
E que mellor lugar que saír fóra do Multiusos para facela... Os piñeiros do Piñeiral do Crego e as mesas merendoiro se converteron nese momento nos nosos aliados; aínda que o que triunfou foi o "cenador" que nos trouxo Leo para gozar dunha sombra axeitada e estar máis a gusto...
Agradecemos a Marta a súa empanada de hoxaldre, e a rosca que nos trouxo, e a todos os pais e nenos por traer cousiñas tan tan ricas! Ñam!!
Pero non todo foi "folgar", xa que a xuntanza comezou cos nosos participantes falando do libro desta tempada. "Se vende papá", da escritora barcelonesa Care Santos, definitivamente triunfou entre os nosos membros do club. As pequenas aventuras de Nora e mais do seu amigo Óscar encantáronnos, e agardamos poder ler algunha máis como "Se vende mamá", "Se vende garbanzo" ou "Se vende mejor amigo".
E, como Óscar, os rapaces se animaron a practicar papiroflexia. Divertido, non sí?
Grazas a todos por vir, e bo verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario