150 anos non se cumpren todos os días!, nin sequera todos os séculos! Por iso, os Clubs de Lectura de Redondela quixeron celebrar un libro que, por idade e fama, entrou na moi selecta lista dos clásicos.
Ah, vale, algo moi sesudo, moi profundo, moi complicado... nada diso! Falamos de Las aventuras -desventuras?- de Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll.
Nunca foi tan tolo ler un libro do canon!
Unha loucura que se transformou en gorritos, sorrisos do gato de Cheshire, té e pastas para conmemorar a merenda máis insensata da historia; a do Sombreireiro Tolo, a Lebre de Marzo e o Leirón. Iso si, esta vez o tempo si trascurrió, síntoma de que o pasabamos moi ben!, ata o estresado Coello Branco se tería divertido connosco!
A reunión, ademais de amena e divertida, foi deliciosa, especialmente grazas ás moi xenerosas compañeiras que trouxeron excelentes propostas gastronómicas! - Grazas, pequenas!
Do libro en si, apreciouse o sentido do humor, as fantásticas -¡e inquietantes!- ilustracións de Tenniel, e a orixinalidade das súas propostas; así como as dificultades que formula a súa tradución. Comentouse tamén como cambiaba a percepción do texto relido como adultos, e como o cine e outros referentes crean certas imaxes que non sempre corresponden co literal.
Moitas grazas, dende aquí, por todo o esforzo de preparación da reunión aos nosos compañeiros da biblio.
Deste xeito pechamos o curso ordinario do Club de Lectura coa esperanza de que todos os participantes gozasen desa experiencia refrescante das lecturas en común, é un berce de descubrimentos!
Ah, un último consello: antes perder a cabeza que deixar que a Raíña Vermella vola corte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario