O pasado venres gozamos en Chapela dun momento moi ilusionante, coa presentación do primeiro libro de tres autoras moi vencelladas á vida cultural de Chapela.
Purificación Serrano Caviedes, benquerida en todo o ámbito educativo de Chapela e mais Paula Gozalo, achegáronse ao Multiúsos de Chapela para darnos a coñecer un conto infantil que prepararon con moito cariño e moi bo gusto para todos os lectores de Redondela. Acompañábaas Purificación García, autora das fermosas ilustracións do conto, realizadas con diferentes técnicas, como a acuarela e o acrílico.
Neste emotivo acto estivo presente Julio Alonso, na que foi a súa despedida como Concelleiro de Cultura, pois foi esta concellería, a través do Servizo Galego de Normalización Lingüística, a coeditora da obra.
Ademáis do conto, presentouse nesta xornada o "Obradoiro para emocionarte" no que, a través do conto, se propoñen unha serie de actividades e propostas educativas relacionadas con diferentes aspectos da cultura local, da educación en valores e, especialmente, da educación emocional.
Elena Fernández Serrano e mais Jéssica Núñez participaron tamén na presentación, amosándonos unha proposta de cantarela, relacionada co conto e mais unha fermosa canción: "Todos cos golfiños".
E para rematar, nada mellor que un dos cofres do tesouro de Rande, traído especialmente do fondo de mar para a biblioteca. |
Moitas felicidades a estas autoras e grazas por presentar o libro en Chapela!
No hay comentarios:
Publicar un comentario