As bibliotecas municipais de Redondela estreamos a nosa presenza nunha nova rede social, instagram, cun concurso Unha
viaxe, unha biblioteca que queremos sexa unha homenaxe moi especial a todas as bibliotecas.
Todos os que queirades participar (maiores de 18 anos e residentes en Galicia) podedes subir unha fotografia na
plataforma instagram coa etiqueta #viaxebiblioteca, onde apareza o
propio participante diante ou no interior da biblioteca do seu lugar de vacacións ou da vila que visite nesta época estival, incluindo
na descripción da fotografia o nome do lugar onde se tomou.
Datas
e prazos do inicio e fin do concurso
A
data de inicio do concurso será o 1 de xullo de 2015 e
finalizará o día 15 de setembro do mesmo ano.
Poderase participar só dentro deste prazo.
A
resolución do xurado composto por membros da Asociación
de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela
emitirase o día 30 de setembro, e o resultado da mesma publicarase
nas redes sociais das Bibliotecas de Redondela:
e na páxina web do Concello de Redondela
Por suposto haberá agasallo para o gañador/a!
No hay comentarios:
Publicar un comentario