lunes, 6 de julio de 2015

Préstamo especial de verán na Biblioteca de Chapela

Como todos os anos, a Biblioteca de Chapela pecha durante todo o mes de Agosto. Como non queremos que quededes sen libros para ler durante todo ese tempo, ao longo deste mes de Xullo abrimos o noso préstamo especial estival.

Os nosos lectores máis esixentes consultan as propostas lectoras do verán
En horario matinal de verán*, como facemos habitualmente nestas datas, poderedes achegarvos á biblioteca e levar libros, cómics, películas, música ou xogos, podendo ata cuadruplicar o número de documentos en préstamo*.
Ademáis, temos unha proposta para os máis novos. Por que non achegarvos ao cómic no verán? Temos propostas moi refrescantes!
Os cómics da biblioteca gustan ata aos lectores máis felinos

*De 9 a 14 h.,  de Luns a Venres. 
*O número de documentos que podedes levar prestados ordinariamente na biblioteca é de ata 3 documentos, de entre eles, un máximo de 2 documentos audiovisuais ou multimedia.

Publicar un comentario