A primeira das súas reunións mensuais na Axencia de Lectura Municipal de Chapela, levounos ao afastado país de Finlandia da man de Leo Leiño e dos Mumin, personaxes de fama mundial ideados pola escritora Tove Jansson.
Para ir a tan frio país non necesitaron medio algún de transporte, unicamente un estupendo libro
O grupo, formado por nenos ata os 11 anos e coordinado por Leo Leiño, debateu acerca da autora e a súa obra, do parque temático que teñen tan sorprendentes trolls en Finlandia, ...fixeron un sombreiro de mago decorado cos debuxos dos personaxes e como gran final! aprenderon un truco de maxia que puideron facer máis tarde ás súas familias pois levaron para a casa todo o material necesario.
O club de lectura infantil reunirase novamente o próximo 25 de novembro co libro O poder de Amabel.
Ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario