Xuntanza deste luns do club de lectura de Chapela |
Este pasado Luns xuntámonos en Chapela para unha das nosas sesións ordinarias de club de lectura.
Ademáis de moitas boas novas por parte das nosas clublectureiras: viaxes, casamentos, destinos exóticos... toda unha chea de novidades!, achegámonos a un xénero nada habitual nos nosos clubs: o terror, e máis concretamente, á novela gótica.
A novela "La maldición de Hill House", da norteamericana Shirley Jackson, xunto co relato curto da mesma autora "A lotería" foron a temática da nosa xuntanza.
Mercedes le un texto da autora. De fondo, ambientación da xuntanza, relacionada coa novela. |
Queda por coñecer a opinión do club de lectura redondelano, que se xuntará entorno a este libro no mes de Decembro, mais non hai dúbida que para os lectores chapelanos o relato é atractivo e interesante, pero a novela... recibiu moitas críticas (e non todas boas!).
...E ata aquí podemos ler!
...E ata aquí podemos ler!
Eso sí... ler novela gótica sempre nos impresiona. Podemos atopar ambientacións sobrecolledoras e escenas emocionantes. Ademáis, permite moita variedade, xa que é un xénero que evolucionou co paso do tempo, adaptándose a diferentes correntes de pensamento.
A nós nos inspirou para recomendar máis lecturas. Apetécevos algunha?
Propostas de lectura gótica e de terror na biblioteca |
No hay comentarios:
Publicar un comentario