jueves, 28 de enero de 2016

Enfrentámonos ao "Adversario" cun club de lectura crecido

 
Na Biblioteca de Chapela estamos moi contentos porque o noso club de lectura ven de renovarse nestes últimos meses con novas incorporacións. Nila, Ana María e Isabel son agora as nosas novas contertulias nas xuntanzas literarias que celebramos un día ao mes. Benvidas! 

Agora sí, podemos dicir que as nosas prazas están completas para o club de lectura de adultos.

Paz achegándonos a súa recomendación de Mafalda
Ademáis Paz nos adicou uns intensísimos minutos para falar de Mafalda, e para recomendarnos encarecidamente que nos apuntásemos á Quinoterapia lendo as súas historietas.

Doutra banda, nesta xornada nos enfrentamos a un libro duro e cun tema terrible que non deixou indiferente a ningún dos participantes: "El adversario", do francés Emmanuele Carrère. Saberemos nunhas semanas a opinión dos nosos compañeiros do club de Redondela, pois están agora lendo esta mesma novela.

Contamos con dispoñer deste libro terrible nas estanterías da biblioteca brevemente.
Publicar un comentario