jueves, 21 de enero de 2016

Gianni Rodari e os nosos inventores de contos do club infantil de lectura



Esta semana o club infantil de lectura atreveuse cunha lectura moi singular e bastante disparatada: os "Cuentos para jugar", de Gianni Rodari.




Dese xeito, o espíritu de Rodari, o grande inventor de historias italiano, mestre da imaxinación e a creatividade literaria para moitas xeracións, se instalou con nós na biblioteca, e as nosas rapazas crearon a súa obra de teatro: "O circo que perdeu unha serea".


Na xuntanza do club foron quen de facer o guión, escoller o vestiario e ensaiar a posta en escea. Un xogo de improvisación que divertiu moito aos seus pais, que nos acompañaron ao rematar a xornada.


Graciñas a todas por vir, e graciñas pola vosa imaxinación e a vosa creatividade. Sodes xeniais!

No hay comentarios: