A Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela ten preparada xa a súa primeira actividade do 2016.
Iñaki de Miguel, veterinario e cazador, proporanos un emocionante debate sobre a caza: é unha práctica ecolóxica ou unha
crueldade?, pode considerarse un deporte?, achéganos á natureza ounos afasta dela?
Para atopar respostas a todas esas controvertidas
cuestións, revisaremos a relación entre caza e literatura segundo Miguel Delibes, baseándonos especialmente no seu conto “El amor propio de Juanito Osuna”.
Agardamos que a convocatoria teña éxito, e que resulte tan interesante como as anteriores xuntanzas.
A cita será o:Venres 15 de Xaneiro, ás 20:30 h.
Non faltedes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario