... Non están todos os que son, pero sí son todos os que están. En Galicia contamos con moitos debuxantes e ilustradores de grande calidade, e de entre todos eles, escollemos 11 exemplos para este ano.
10 + 1 prestixiosos e recoñecidos ilustradores e ilustradoras do noso panorama editorial galego. 10 + 1 creadores que fan única a nosa experiencia de goce do libro.
Luz Beloso, Pepe Carreiro, Patricia Castelao, Anxo Fariña, Leandro Lamas, Noemí López, David Pintor, Miguelanxo Prado, Ramón Trigo, Manolo Uhía e Xosé Tomás.Todos eles con estilos persoais, diferenciados e moi recoñecibles, e cuxos trazos abundan nos andeis da nosa biblioteca.
Festexamos así con eles o Día da Ilustración, que todos os anos se festexa a finais de xaneiro, na Biblioteca de Chapela.
Festexamos así con eles o Día da Ilustración, que todos os anos se festexa a finais de xaneiro, na Biblioteca de Chapela.
Nestes días, ata o 29 de Febreiro, poderedes coñecer o traballo destes creadores, vendo os seus debuxos e consultando as publicacións ilustradas por eles que temos na biblioteca de Chapela.
Gústanvos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario