jueves, 11 de febrero de 2016

Contando con Rosalía na Biblioteca de Chapela



Na Biblioteca de Chapela temos xa preparado o primeiro contacontos do ano.
O Venres 19 de Febreiro, ás 18:30 h. recibiremos á gran contadora e amiga das nosas bibliotecas, Marisa Irimia, que nos achegará contos e historias coas que lembraremos a Rosalía de Castro, preto da celebración do aniversario do seu nacemento.

Rosalía estaba sentada debaixo dunha árbore lendo un conto. De
súpeto, unha xigantesca raposa saltou sobre ela e atrapouna.
-Ai, vou facer sopa de Rosalía! –dixo a raposa.
A raposa meteu a Rosalía nunha pota pero… esa sopa non vai
saber a nada. Non leva nin poesías nin contos!! Para que estea
boa, a sopa TEN QUE LEVAR POESÍAS E CONTOS…!!

 
Poemas e contos para compartir, cargados da musicalidade da
poesía de Rosalía de Castro.
Un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico,
divertido e saboroso. Rimas, poesías e contos para o Aniversario
do nacemento de Rosalía de Castro.

O contacontos diríxese á rapazada entre 4 e 11 anos.
A entrada é libre, ata completar aforo. 

No hay comentarios: