Nestes días as Bibliotecas Municipais de Redondela estamos a participar coas actividades do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizadas pola Concellería de Igualdade.
Deste xeito, mañá venres poderemos gozar da mesa redonda: "A muller na literatura romántica", que se celebrará na Casa da Cultura ás 20:00 h.
Pero tamén levamos participando, dende o pasado mes de Novembro, coa campaña móbil de préstamo de libros: "Corazón de muller, cerebro de muller", que dentro da programación do 25 de Novembro, segue a percorrer as sedes das diferentes asociacións e colectivos de Redondela.
Nestes días está na Asociación Cultural e Social de Chapela, e tamén na Escola de Música de Chapela. Nelas os seus libros están a ser moi emprestados entre os socios.
Agardamos que os vosos socios gocen deles.
Os libros na Asociación Cultural e Social de Chapela.
Agardamos que os vosos socios gocen deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario