jueves, 17 de marzo de 2016

Cidades subterráneas e club infantil de lectura

 
Nesta semana o club infantil de lectura voltou xuntarse en Chapela para discutir sobre o libro "El enigma de la ciudad del metro", do periodista e escritor Juan Miguel Sánchez Vigil.
Un vello arquitecto decide construír en segredo unha cidade subterránea á que se accede polas liñas do metro. Santi e Jorge, atraídos polo estraño comportamento dun veciño, descobren a cidade e entran en contacto cunha serie de personaxes divertidos, excéntricos e misteriosos. Magos, monicreques e alimañas xorden do metro como os actores dun conto. Toda a aventura complícase coa investigación policial dun celoso comisario.: E así con esta trama... 
Un vello arquitecto decide construír en segredo unha cidade subterránea á que se accede polas liñas do metro. Santi e Jorge, atraídos polo estraño comportamento dun veciño, descobren a cidade e entran en contacto cunha serie de personaxes divertidos, excéntricos e misteriosos. Magos, monicreques e alimañas xorden do metro como os actores dun conto. Mais todo se complica coa investigación policial dun celoso comisario.

.. O normal é que se nos dera por escarvar baixo o chan, a ver se atopabamos en Chapela unha cidade parecida...

Mais o que fixemos foi analizar moitos aspectos do libro, coñecemos o metro, a súa importancia e a súa sinalización.

E no apartado de lecturas recomendadas... as cidades, os barrios, percorridos polas rúas e, moitos aspectos da vida urbanita.
 
Por certo, que se tedes desexo de visitar algunha cidade subterránea, aquí tedes varias alternativas, ben distribuídas en diferentes partes do mundo. A que apetece facer as maletas?

Agardámosvos o 13 de Abril cun novo libro: "Tres trebellos máxicos". Tres pequenas historias achegadas por cadanseu escritor galego.

Aínda hai prazas no club por se queredes apuntarvos. Vémonos!!

No hay comentarios: