sábado, 30 de abril de 2016

Leolo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


Velaquí temos as probas fotográficas!

Durante o pasado Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, as Bibliotecas municipais de Redondela tivemos o pracer de participar nunha actividade organizada, desta vez, para personal de bibliotecas.
As asistentes ao curso visitan o Salón do Libro, guiadas pola monitora Paula.
Leolo, no centro da fotografía, non perdeu detalle da explicación
Bamad Galicia, asociación de profesionais dos arquivos, bibliotecas, museos e centros de documentación de Galicia, organizou xunto co Salón pontevedrés unha xornada de formación, para profundizar no mundo da literatura infantil e na animación á lectura.

A actividade chamábase "Imos cazar un oso: obradoiro de mediación lectora", e a formadora que o impartía era a nosa benquerida Alexia Dotras, vella coñecida dos nosos clubs de lectura.
 Alexia nos conta algúns contos, e recibe a visita de Orbil, a coñecida mascota do Salón

A nosa compañeira Mª José formou parte da coordinación deste curso, e as bibliotecas de Redondela prestamos algúns dos fondos da nosa colección infantil para esta actividade. Ademáis, Mercedes, a presidenta da Asociación de Amigos das nosas bibliotecas tamén participou nel.

Mercedes, a presidenta da Asociación de amigos das bibliotecas e a nosa compañeira Mª José acompañadas de Leolo e o seu gatiño
Pero o protagonista indiscutible da xornada foi o noso Leolo, O Contadelo, que asistiu a esta xornada de formación con moito aproveitamento. Con el e mais con Mercedes e Mª José, participaron bibliotecarias e educadoras de diferentes poboacións de Galicia... e ata de Portugal, que se adentraron na actualidade do libro infantil e practicaron a contar contos. 
Con Sofía, a nosa amiga da Biblioteca Municipal de Rianxo
Ao rematar o curso, o grupo de alumnas puderon gozar dun percorrido guiado polo Salón do Libro. Acompañábaas a monitora Paula, coñecida xa nas bibliotecas municipais por participar nas actividades do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela.
Leolo coñeceu a Extravaganza Pérez, e visitou a súa casa, e todas as paisaxes das súas aventuras. Para el, que xa é fan desta rapaza intrépida, foi unha xornada única chea de emocións.
O Salón deste ano xa pechou as súas portas, pero Extravaganza fica nos andeis da nosa bibioteca, por se a queredes coñecer.
O que non hai dúbida é que para o ano que vén repetimos visita. Leolo ten gaña de voltar!

Velaquí a nova en BAMAD Galicia.

No hay comentarios: