Esta tarde Rosa Alonso achegouse á biblioteca de Chapela para preguntar polo club de lectura e para inscribirse como socia da mesma.
Casualidades da numeroloxía fixeron que o seu número de carnet fose o... 2000!
Un número coma outro calquera, sí: concretamente o que vai despois do 1999... mais..... que queredes?!, para nós resulta emotivo.
Así que homenaxeamos á nosa amiga Rosa facéndolle unha "fotografía conmemorativa" e coa entrega dun pequeno agasallo.
Rosa quedou moi contenta: "Que ilusión! Unha circunstancia así alégralle a unha o día!"(verbas aproximadas que entresacamos dos seus comentarios).
Pois vaia que si non alegra. A nós nos encheu de ledicia.
Grazas, Rosa, por achegarte hoxe á nosa biblioteca de Chapela.
Grazas, tamén, aos 1999 socios/as que, ademáis de Rosa, enchedes de vida a biblioteca de Chapela e a facedes funcionar.
E aos que aínda non sexades socios das bibliotecas de Redondela: só tedes que achegarvos co voso DNI e rechear a inscrición. Tedes moitas vantaxes.
-----
Vaites! E xa que estamos con datos numéricos, tamén vos achegamos a nova que a biblioteca de Chapela supera xa os 10.000 títulos. Tamén que leva 11 anos funcionando.
... O que nos gustan as cifras redondas! :-D
No hay comentarios:
Publicar un comentario