miércoles, 6 de julio de 2016

A biblioteca municipal pecha varios días por obras de mellora






A Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela vai acometer obras de restauración para mellorar o seu acondicionamento. Esto afectará á apertura das distintas zonas en diferentes  días. 
  
A sala infantil da Biblioteca Pública permanecerá pechada desde o 7 ata o 18 de xullo (inclusives)
A segunda planta, onde se atopan ubicados os fondos ao público, do 13 ao 20 de xullo (inclusives)
A sala xeral,  do 19 ao 22 de xullo (inclusives)
A sala de estudo,  do 21 ao 27 xullo (inclusives)
 Estas datas poden sufrir algunha variación da que vos iremos informando no caso de producirse.

As melloras que se realizarán nestas instalacións municipais teñen que ver co pintado das mesmas
Publicar un comentario