viernes, 3 de junio de 2016

Homenaxe a Xosé Luis Franco Grande e ao seu dicionario

 Desde as bibliotecas temos o pracer de convidarvos ao acto de homenaxe  a Xosé Luis Franco Grande, que se celebrará no Multiusos da Xunqueira en Redondela (Paseo da Xunqueira) o día 6 de xuño de 2016 ás 17:00 horas da tarde coa participación do Secretario X. de Política Lingüística, Valentín García Gómez, Xesús Alonso Montero, ensaísta e poeta,  e María Camiño Noia, catedrática da UVigo, co posterior descubrimento dunha placa conmemorativa que recorde a figura deste ilustre escritor, autor do dicionario da lingua galega publicado en 1968, tan importante e decisivo para a galeguización de moitas xeracións de galegos e galegas.

No hay comentarios: