viernes, 3 de junio de 2016

Termina a exposición Tes máis conto que Calleja!

O pasado 31 de maio chegou ao seu fin a mostra bibliográfica "Tes máis conto que Calleja!" situada no espazo expositivo "Espazo distinto: xanela cultural", a cal se desenvolveu ao longo de tres meses  no Multiusos da Xunqueira de Redondela, onde se puido   coñecer a figura do gran editor Saturnino Calleja, que  publicou grandes tiradas dos libros e contos (con moi pequena marxe de beneficio, co que abaratou moito os prezos) e ilustrou profusamente todos eles con debuxos dos mellores artistas, logrando así uns libros atractivos e ao alcance dos petos de menor poder adquisitivo, afacendo ler, con iso, a varias xeracións de nenos e maiores.

  
 A Editorial Calleja publicou da orde dos 3.000 títulos, non só de contos, senón tamén libros texto e libros de pedagoxía , así como literatura clásica (varias edicións do Quixote, a primeira edición completa de "Platero y yo", etc), dicionarios, atlas, libros de medicina,  dereito, cociña etc.

  

A mostra Tes máis conto que Calleja! enriqueceuse coa achega de documentos facilitada por Enrique Fernández de Córdoba, neto do editor, e ao que queremos agradecer desde aquí o seu amable interese e colaboración.

Nesta ligazón, todas as fotografías da exposición Tes máis conto que Calleja!

 
Publicar un comentario