jueves, 23 de junio de 2016

Vacacións de verán para os clubs de lectura

Coa sesión deste luns no club de lectura de Chapela, rematamos a tempada dos clubs de lectura das bibliotecas de Redondela e mais de Chapela.


Foi un curso moi completo e do que estamos moi satisfeitos. Ao longo destes dez meses podemos dicir que limos obras moi diversas, e que fomos quen de tocar diferentes estilos, xéneros, temáticas, épocas e procedencias xeográficas. 

Deste xeito, os termos novela, teatro, clásico, terror, política, intriga, histórica, drama, crime, lectura, costumes, África, Rusia, Vigo... sonnos familiares, porque con eles podemos relacionar os contidos destas magníficas propostas lectoras achegadas ao club por Jerónimo, o noso coordinador, e mais os participantes destas xuntanzas.


Títulos lidos durante este curso 2015-2016 nos clubs de lectura de Redondela e de Chapela(preme na imaxe e accede ao blog dos clubs de lectura: "Chocos e lectores")

O venres 8 de Xullo festexaremos este final de curso cunha cea conxunta de ámbolos clubs. Só nos resta agradecer a todos os participantes a súa presencia e a súa implicación nas xuntanzas.

Agardamos vervos nesta última xuntanza festiva da tempada!
Publicar un comentario