viernes, 17 de junio de 2016

Venres de bibliotecas na Feira do Libro de Redondela



Esta mañá o stand das bibliotecas municipais na Feira do Libro de Redondela estivo moi animado.

Vanesa e Cote defenden o forte 

Ademáis das autoridades políticas e mais de vellos amigos, na nosa caseta recibimos a visita do alumnado da escola de educación infantil A Marisma, convidados a un contacontos coa imparable Fátima Fernández, e tamén, para aledarnos a mañá, a da Coca Simona.


A Coca Simona coa bolsa das bibliotecas

As persoas que se achegan á caseta das bibliotecas para facerse socios/as dos nosos centros reciben un pequeno agasallo das bibliotecas. Encarna foi a primeira, pero tamén Dolores, Ana e moitos e moitas máis que pasarán ao longo destas intensas xornadas de desprazamento das bibliotecas neste novo e singular espazo a pé de rúa.
Detalle da caseta (2)
Na caseta das bibliotecas poderedes consultar libros ben curiosos para nenos e para adultos, álbumes ilustrados, cómics, ou tamén publicacións sobre o noso concello, así como sobre os personaxes literarios do ano: Cervantes, Manuel María ou Valle-Inclán.

Ademáis, poderedes fotografiarvos coa nosa mascota Leolo, divertirvos con xogos infantiles e puzles, ou tamén deixarnos o voso debuxo dos personaxes dos libros.

Leolo e a Coca Simona
Publicar un comentario