viernes, 22 de julio de 2016

Contacontos "selváticos" en Chapela para achegarnos ao verán

Contacontos dos animáis da selva
Nesta semana a biblioteca de Chapela recibiu aos rapaces do campamento Verán con Simona do Multiúsos da mesma parroquia, así como a un grupo de familias que se inscribiron para participar connosco nunha aventura exótica, divertida e chea de maxia conteira:



Nesta actividade, como non!, relatamos contos salvaxes da selva, contos divertidos e bastante irónicos que nos gustan moito na biblioteca:

- "Fieras feroces", de Chris Wormell - (álbum divertidísimo da editorial Juventud, e que na biblioteca recomendamos moito).
Contacontos dos animáis da selva 
- "Yo voto por mí", de Martin Balscheit - (nova incorporación na biblioteca dun autor alemán que sempre nos fai rir).
Contacontos dos animáis da selva
Tras o conto fixemos un pequeno obradoiro, onde elaboramos unha máscara de León con materiais de refugallo.
Va que quedaron bonitas?

Una foto publicada por Bibliotecas P. M. Redondela (@bibliotecas_de_redondela) el

Con esta actividade animamos aos rapaces de Verán con Simona a facerse socios e utilizar os servizos das bibliotecas municipais e despedimos ata setembro aos nosos usuarios máis animados aos contos.

A nova no Atlántico Diario
Lembramos que no que queda do mes de xullo a biblioteca de Chapela ofrece a posibilidade de levar un préstamo especial de verán:
Os socios poderán levar ata 12 libros + 6 multimedia (CD, Dvd, Multimedia) e devolvelos ao longo dos primeiros 7 días de Setembro.

Publicar un comentario