lunes, 8 de agosto de 2016

"Os lentes de Valle", obradoiro para nenos

 Con motivo do 150 aniversario do nacemento do noso xenial autor Ramón María del Valle-Inclán temos o pracer de presentarvos a actividade "Os lentes de Valle",  obradoiro para nenos de 7 a 11 anos, que quere render unha  homenaxe ao escritor vilanovés que dá nome á biblioteca municipal de Redondela

Esta actividade, dirixida por Leonor Rodríguez Castro, terá lugar o venres 19 de agosto, ás 11.00 h. nas dependencias da biblioteca municipal.

As actividades que se van a levar a cabo neste taller consistirán nun xogo de Trivial sobre a figura do autor e nun obradoiro no que os nenos elaborarán os lentes e as barbas do escritor, tranformándose así nuns novos Valle-Inclán.
Así mesmo, construirán uns lentes  para a figura escultórica do autor que preside a Praza Figueroa, onde farán entrega das mesmas colocándollas á escultura. A actividade rematará coa lectura dun fragmento dunha das súas obras.
 Prazas limitadas. Inscrición previa, de balde, na Biblioteca Municipal (tfno. 986 401561)

No hay comentarios: