lunes, 22 de agosto de 2016

Pere Tobaruela na Casa da Cultura de Redondela

O próximo 2 de setembro, ás 20:30 h., a Casa da Cultura de Redondela, acollerá a presentación da novela "A teoría dos contrarios" do escritor Pere Tobaruela.

Pere Tobaruela (Barcelona 1965), vive actualmente en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con corenta títulos publicados nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e o resto do Estado, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela. Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais ten publicados o libros: “Vouvos papar” (2008), obra infantil escrita en colaboración con Luz Méndez; “A cripta do apóstolo” (2010), novela xuvenil; “Poñente” (Xerais, 2011) ; “O códice do Santo Lugar” (2013), novela xuvenil é coautor, xunto con Andrés Meixide da serie “Formig4s” dirixida ao público infantil.

O acto estará presentado por D. Xosé González Martínez, presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego.
Organiza: Bibliotecas Municipais de Redondela e Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela.

Entrada libre e de balde

No hay comentarios: