martes, 13 de septiembre de 2016

Chéjov e Rusia no "preestreno" do club de lectura de Chapela


 
Aínda que non será ata o último luns deste mes cando teremos a reunión do club de lectura en Chapela*, esta semana xa lle fixemos unha "posta a punto" ás nosas tertulias, cunha sesión previa que en nada desmereceu ás xuntanzas ordinarias que temos durante o ano.

Desta vez aproveitamos a viaxe fantástica que fixo a nosa compañeira Paz por Moscú e mais por San Petersburgo para achegarnos un poco á cultura e ao xeito de vivir da rusia actual, pasando, como non, pola súa literatura.


Paz deunos a coñecer cousas moi interesantes, como o significado de Praza Roxa (=Praza Bonita), a grandeza do palacio do Kremlin e as súas catedrais, e o incrible deseño do metro de Moscú; sen deixar atrás moitos aspectos de San Petersburgo, como os seus canáis e as pontes sobre o río Neva. Tamén nos trouxo un petisco da súa gastronomía, e pudemos degustar un plato moi común en rusia: a ensaladilla shuba e unha bebida moi refrescante: a лимонад (limonada).


E, pola súa banda, Chéjov, que estivo presente a través dalgúns dos seus contos máis coñecidos: "La Dama del perrito", "La obra de arte" ou "Champagne", entre o drama e a ironía, a introspección e a especulación, amosou a solidez da literatura rusa.



Unha combinación perfecta.

Na zdorovje! 

As xuntanzas do club chapelano facémolas un luns ao mes.

O luns 26 de setembro comezaremos a primeira sesión do club de lectura. A nosa primeira proposta literaria estará ambientada tamén en Rusia, a través do periodista español Manuel Chaves Nogales, e a súa novela "El maestro Juan Martínez que estaba allí".

Se estades interesados en participar, o club dispón este curso de prazas libres. Anotádevos na biblioteca!

No hay comentarios: