lunes, 26 de septiembre de 2016

"Mergullámonos" Contacontos sobre as emocións na Biblioteca de Chapela

AVISO: Corriximos a información do contacontos anunciado para este venres.
A idade máis apropiada para participar nesta actividade é ATA 6 ANOS.


O venres 30 de Setembro, ás 18:30 h. recibiremos na Biblioteca de Chapela a Andrea Vázquez para contar moitos contos e historias cativas.


Serán contos sobre as emocións, para mergullarnos nelas e coñecelas mellor.

A actividade está indicada para a rapazada ata 6 anos

Entrada libre e gratuita, ata completar aforo.

A actividade desenvólvese grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Publicar un comentario