A rapazada de Chapela fixo a súa interpretación, ao estilo de Miró, da historia: "O pescador e a súa muller", dos Irmáns Grimm |
Con Tarabelos e a rapazada de Chapela a biblioteca do Piñeiral do Crego tinxiuse de ledicia e de cor, grazas a unha actividade con moito arte. E é que ante unha data tan singular como o 24 de Outubro, non queriamos senon celebrar por todo o alto o noso Día das Bibliotecas.
Coñecendo a Joan Miró e ao Surrealismo, pero tamén achegándose ás historias clásicas de Andersen, os cativos e cativas que participaron onte nesta actividade non esquecerán esta tarde tan divertida.
E verán, moi pronto, exposta a súa obra artística no Multiúsos de Chapela.
O contacontos realizouse grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario