domingo, 2 de octubre de 2016

En Setembro... retomamos os clubs de lectura nas bibliotecas

Os libros deste mes.
Premede na imaxe para acceder ao blog dos clubs de lectura
Como un espazo para o encontro, o debate, o humor, a discusión (literaria, filosófica, política...) e coa animación acostumada, recomezaron no mes de Setembro os clubs de lectura das bibliotecas de Redondela e mais de Chapela.

As xuntanzas dos clubs. Na foto: o pasado luns na biblioteca de Chapela

Xuntanzas cheas de letras, de doces, de cariño e de sorrisos; xuntanzas para escoitar e comentar, para propoñer e suxerir, nun espazo para a cultura que gozamos e amamos e que estamos orgullosos de compartir mes a mes nas bibliotecas.

Grazas aos/ás que nos acompañades todas as semanas nos clubs.

No hay comentarios: