jueves, 22 de diciembre de 2016

Edward Gorey, agora no Multiúsos de Chapela


Despois do éxito da exposición sobre Edward Gorey en Redondela, o Multiúsos de Chapela acolle agora a mostra bibliográfica de tan singular autor.

Gorey, mestre da ilustración macabra pero chea de elegancia e fino humor negro, estará no Multiúsos de Chapela durante os dous próximos meses. Para que non vos perdades, atoparédelo no vestíbulo de entrada da primeira planta.


A exposición forma parte do programa: "O libro ilustrado, imaxes que contan", co que as Bibliotecas municipais de Redondela levan achegando ao público a arte de ilustradores singulares, a través dunha sucesión de exposicións bibliográficas que se desenvolveron no espazo de entrada do Multiúsos de Redondela.

A presente exposición estará agora tamén no Multiúsos de Chapela. Poderedes visitala de luns a venres, en horario de tarde, ou ben as fins de semana, nas actuacións previstas do auditorio, ata o 24 de Febreiro.

Organizan: Concellería de Cultura e Bibliotecas Municipais de Redondela.

No hay comentarios: