As bibliotecas de Redondela, xunto co resto de bibliotecas da comunidade galega, celebraron este mércores, 11 de xaneiro, o Día do Usuario, data que abre o Calendario do Libro e da Lectura 2017 na nosa comunidade.
En concreto, as bibliotecas deste municipio conmemoraron a data facendo público o resultado da votación anual dos seus usuarios, na que baixo o lema "Libro do Ano", escollen os seus libros preferidos dos editados no pasado ano.

"Todo esto te daré", de Dolores Redondo, último Premio Planeta, e "El libro de los Baltimore" de Joël Dicker, foron os máis votados nas bibliotecas de Redondela e Chapela, respectivamente. Pola súa banda, a serie de Futbolísimos e o título "Los gemelos Tapper arrasan la ciudad", despuntaron entre os lectores infantís das mesmas.
Como todos os anos, fíxose un sorteo dos títulos gañadores entre os usuarios que participaron na votación.
Na edición 2016-17 estes foron os agraciados:
Entre os lectores adultos: María Soriano e Olga Varela
No hay comentarios:
Publicar un comentario