Con motivo do 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, que se celebra o 24 de febreiro, as bibliotecas de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística, convidan a todos os nenos (e non tan nenos) que visiten as nosas bibliotecas, a ofrecerlle á autora , desde o 17 ata o 24 de febreiro, unha camelia pintada por cada un e na que poderemos escribir a nosa palabra preferida en galego colocándoa, a continuación, nos taboleiros de anuncios preparados para tal efecto en cada biblioteca.
A ver se conseguimos encher todo o taboleiro e convertelo nun xardín de camelias!
As camelias, dispostas na sala infantil de cada biblioteca, poden pintarse "in situ" ou en casa
O venres 17, "Contando con Rosalía", contacontos e máis con Marísa Irimia na biblioteca de Redondela
Todas as fotografías:
Centros de interese e Camelias para Rosalía |
E velaquí as palabras en galego recollidas nesta proposta-homenaxe, analisadas, no seu blog, polo Servizo de Normalización Lingüística.
No hay comentarios:
Publicar un comentario